Actualidade Death Stranding chegará a PC no verán de 2020

Death Stranding chegará a PC no verán de 2020

Os rumores eran certos. Death Stranding chegará aos PC de todo o mundo no verán do vindeiro ano. Após perder a etiqueta como título exclusivo na web de PlayStation no mes de agosto, o novo título de Hideo Kojima xa non terá a máquina de Sony como plataforma única, senón que será un exclusivo temporal. E non moito tempo.

Así o confirmou a conta de Twitter de Kojima Productions, a cal lembrou a data de lanzamento do xogo para o 8 de novembro e, asemade,  sorprendeu a todo o mundo co inesperado anuncio do seu lanzamento en PC para o próximo verán.

Deste xeito confírmanse as informacións que sinalaban a posibilidade de que Death Stranding chegaría a PC antes dos 18 meses desde o seu lanzamento en consola, para logo aterra noutras plataformas.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.