Death Stranding integra parte do mundo de Cyberpunk 2077 con novo contido

Parece que a presenza de Hideo Kojima no último xogo de CD Projekt non é só unha chiscadela entre compañías. Xusto un día despois de celebrar o aniversario de Kojima Productions, o estudoiode Death Stranding anunciou hoxe novidades para o seu primeiro xogo. Un parche? Así é, malia que só para a versión de PC. Unha actualización que inclúe contido baseado no universo de Cyberpunk 2077, engadindo novas visións, obxectos e mecánicas. É gratuíta.
Segundo anuncia 505 Games en Steam, o crossover entre as dúas obras estará dspoñíbel desde hoxe mesmo no xogo, e inclúe 6 misións novas con personaxes e elementos do universo futurista imaxinado pola compañía polaca. Tamén se introducen mecánicas novas no xogo como unha función de hackeo que amplía a xogabilidade orixinal do título, ao permitirmos aparvar os inimigos, ou piratear os seus vehículos e detelos no acto.
Xunto con estas funcións, os xogadores poderán obter varios obxectos e accesorios:
- Trirroda personalizada de Cyberpunk 2077 cunha maior capacidade de salto
- Silver Hand: o brazo robótico inspirado na coñecida prótese de Johnny Silverhand que se pode equipar e utilizar no xogo
- Novos hologramas, incluído o símbolo de SAMURAI e un vehículo de resposta de Atlas Trauma Team
- Obxectos cosméticos varios, incluídas as lentes de sol de Johnny Silverhand
Ademais, para celebrar o seu aniversario, Kojima Productions xerou unha oferta do 50 % de desconto en Steam e Epic Games Store por tempo limitado. Chegarán os novos elementos tamén a consolas? O estudio non o especificou.