Actualidade Deathloop adía o seu lanzamento en PS5 e PC até o vindeiro ano

Deathloop adía o seu lanzamento en PS5 e PC até o vindeiro ano

Malas novas para os seguidores de Arkane Studios. O estudio vén de anunciar que Deathloop adíase até o segundo trimestre do 2021. A través dunha publicación na súa conta de Twitter, os seus responsábeis explicaron que o traballo remoto durante a crise sanitaria complicou o proceso de desenvolvemento.

«Este tempo extra permitirá dar vida ao mundo de Deathloop con tanta personalidade e diversión como se agarda de nós» aclaran desde o equipo, polo que poderemos gozar dunha experiencia máis redonda no futuro. O novo dos creadores de Dishonored e Prey tiña prevista a súa chegada este Nadal a PS5 e PC, tendo a consola de Sony unha exclusividade temporal.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.