Actualidade Deathloop volve atrasar o seu lanzamento e será publicadao en setembro

Deathloop volve atrasar o seu lanzamento e será publicadao en setembro

Arkane e Bethesda confirman que Deathloop non chegará na súa data prevista, por segunda vez. O lanzamento do título de acción en primeira persoa producirase (se nada o impide) o 14 de setembro. Ía ver a luz o 21 de maio, logo de non poder ser publicado en decembro.

Dinga Bakaba e Sebastien Milton, director creativo e director de arte, respectivamente, sinalan  que o cambio de plan ten que ver coa súa vontade de manter un compromiso coa calidade «sen deixar de lado a saúde e a seguridade de todos os que forman parte de Arkane».

Pouco máis que engadir. A exclusividade para PlayStation 5 e PC segue aí, cumprindo o contrato que estaba xa firmado antes da compra de Bethesda por parte de Microsoft.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.