Deep Silver resucita a Free Radical Design e desenvolverá un novo TimeSplitters
É difícil atopar unha persoa que xogara a TimeSplitters e non lembre aquela proposta de accción e viaxes no tempo cunha nostalxia brutal e esperanzadora. Deep Silver anunciou esta semana a reestruturación de Free Radical Design para crear unha nova entrega desta saga de shooters en primeira persoa. Con sede en Nottingham, contará con Steve Ellis e David Doak como directores, dous dos catro fundadores da compañía orixinal.
A franquía iniciou o seu camiño no ano 2000 en PlayStation, para logo sacar unha segunda parte en 2002 e unha última entrega —ata o de agora— no 2005. Desde aquel momento, hai agora 16 anos, a serie mantívose en suspenso, desaparecida do mapa. Polo camiño o estudio crebou e acabou absorbido por Crytek, que logo foi adquirida por Deep Silver, no 2014. Ao final, no 2018, Koch Media anunciou que adquirira os dereitos da propiedade intelectual de TimeSplitters co obxectivo de resucitar a marca e aí comezou a esperanza.
Así, Free Radical Design volve á vida, e a idea de crear un novo TimeSplitters é real, pero xa avisan: paciencia, pois o desenvolvemento non nin sequera comezou.
A new Deep Silver Studio is coming – Free Radical Design pic.twitter.com/N5qTTcZfsW
— Deep Silver (@deepsilver) May 20, 2021