Descontos en Steam, GOG e Epic :: Unhas poucas recomendacións

Faltan só uns días para a celebración do Samaín. A nivel internacional, as plataformas de venda de videoxogos aproveitan a bandeira de Halloween para ofrecer descontos e animar os usuarios a mercaren con ese videoxogo que leva un tempo no punto de mira. Na Revista Morcego, como é habitual nestas datas, seleccionamos algúns títulos que teñen habilitados descontos bastante sabrosos. Hai máis, por suposto, por iso é recomendábel que revises a túa lista de desexados.
Steam
A plataforma máis popular para comprar videoxogos de xeito dixital mantén a tradición. Até o 1 de novembro ofrece algunhas rebaixas moi importantes nun número enorme de obras. Nadar polo catálogo da tenda de Valve é case un exercicio de fondo, un moi duro se queremos manter a billeteira intacta. Aquí algunhas ideas:
- Resident Evil 2 – 50 % de desconto
- Dying Light – 66 % de desconto
- Vampyr – 66 % de desconto
- Hunt Showdown – 30 % de desconto
- Killing Floor 2 – 50 % de desconto
- Prey – 50 % de desconto
- Inside – 66 % de desconto
- Observer – 75 % de desconto
- The Forest – 4 0% de desconto
- Call of Cthulhu – 50 % de desconto
- The Evil Within 2 – 66 % de desconto
- Inside – 66 % de descuento
- Hellblade Senua’s Sacrifice – 50 % de desconto
- Katana Zero – 33 % de desconto
- Devi May Cry 5 – 50 % de desconto
- Children of Morta – 20 % de desconto
- Remnant from the ashes – 30% de desconto
- Resident Evil VII – 50 % de desconto
Ademais, na plataforma pódense consultar todos os videoxogos que están a realizar eventos especiais para celebrar Halloween, e tamén pon á vista todos aqueles englobados dentro da etiqueta de terror e/ou horror.
GOG
A tenda dixital creada por CD Projekt RED expandirá as súas rebaixas até o 4 de novembro, polo que terás máis marxe para decidir se interesa algún dos títulos rebaixados. Desde clásicos a lanzamentos recentes, GOG conta tamén cun catálogo extenso, sempre en expansión; aos poucos colocouse como unha das mellores alternativas a Steam dentro do mercado. Ten máis de 300 xogos rebaixados. Aí vai outra quenda de ideas:
- Blasphemous – 15 % de desconto
- Alan Wake – 73 % de desconto
- Sunless Sky – 30 % de desconto
- Vampyr – 60 % de desconto
- Outlast 2 – 75 % de desconto
- Bloodstained: Ritual of the Night – 10 % de desconto
- Hollow Knight – 50 % de desconto
- Gabriel Knight: Sins of the Fathers – 35 % de desconto
- Observer_ – 70 % de desconto
- We Happy Few – 50 % de desconto
- Dead Space – 75 % de desconto
- Amnesia: The Dark Descent – 85 % de desconto
- Spec Ops: The Line – 80 % de desconto
- SOMA – 85 % de desconto
- The Witcher 3: Wild Hunt (GOTY Edition) – 70 % de desconto
- Grim Dawn – 70 % de desconto
- Daymare: 1998 – 20 % de desconto
- Outward – 40 % de desconto
- Blair Witch – 25 % de desconto
Epic
A tenda dos responsables de creacións como Fortnite posúe algúns exclusivos que pagan a pena. A polémica sobre como os adquire non se apaga, pero o certo é que nestas rebaixas permite ver os primeiros descontos en obras lanzadas hai apenas un par de meses ao mercado. Até o 1 de novembro —aínda que levan desde o 18 de outubro activas— Epic Games Store ofrece non moitos descontos, pero si algúns moi interesantes.
- Control – 25 % de desconto
- This War of Mine – 70 % de desconto
- The Sinking City – 25 % de desconto
- Beyond: Two Souls – 20 % de desconto
- World War Z – 43 % de desconto
- Ashen – 20 % de desconto
- Rainbow Six Siege – 60 % de desconto
- Trials Rising – 50 % de desconto
- The Walking Dead: The Telltale Definitive Series – 30 % de desconto
- Heavy Rain – 20 % de desconto
- Observation – 28 % de desconto