Actualidade Un pai deseña un mando adaptativo para que a filla poida xogar o Breath of the Wild

Un pai deseña un mando adaptativo para que a filla poida xogar o Breath of the Wild

Difícil non sentir un empurrón de emoción após ver o colosal traballo de Rory Steel, un pai que non estaba disposto a que a súa filla non puidese gozar do célebre The Legend of Zelda: Breath of the Wild. A través das súas redes sociais, Steel compartiu un vídeo no que amosa e ensina o mando adaptativo especial que creou, usando como base o Xbox Adaptative Controller de Microsoft, permitindo que a nena coñeza e xogue unha das cimas da franquía Zelda.

A través de diversos chíos, o traballo deste pai quedou partillado co mundo enteiro, recibindo felicitacións de miles de usuarios ao longo das últimas horas, que encomian a súa actitude e bo facer. Ás 15 horas do luns, a publicación xa fora compartida máis de dez mil veces.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.