Actualidade Desperados III prepara a súa estrea este mes de xuño

Desperados III prepara a súa estrea este mes de xuño

THQ Nordic faino oficial: Desperados III chegará o 16 de xuño, rompendo a liña de atrasos que estes días vive a industria do videoxogo.

O título chegará a PC, PS4 e Xbox One, cun prezo de 49,99 euros para o primeiro sistema, mentres que en consolas alcanzará os 59,99 euros. Trátase dunha obra creada por Mimimi Productions, estudio responsábel do enorme Shadow Tactics: Blades of the Shogun, o xogo que mellor recolle a esencia de Commandos, a lendaria franquía de Pyro Studios.

Ambientado no Salvaxe Oeste, Desperados III mestura acción e estratexia a través do seu sistema de personaxes con diferentes habilidades, con diversos camiños e formas de lograr os obxectivos marcados nas misións.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.