Despois de John Wick chega Michael Jordan a Fortnite

Despois de John Wick chega Michael Jordan a Fortnite

Igual que nos Simpson. Fortnite volveuse ese lugar no que toda marca ou personalidade goza de estar representada. Despois de que o personaxe de Keanu Reeves, John Wick, baleirase o cargador no xogo de Epic, é o momento doutro tirador experto, aínda que neste caso sobre a pista. Michael Jordan tamén decidiu deixarse ver pola illa de Fortnite.

A colaboración do ex-xogador de baloncesto e Nike é un acto promocional dentro do modo Creativo do xogo, o famoso editor de niveis que contou cun notable crecemento ao longo dos últimos meses. Os artistas NotNellaf e Tollmolia crearon un tipo de xogo titulado Entrega, un modo que estará dispoñible por tempo limitado e no que deberemos completar unha serie de desafíos gratuítos para desbloquear o accesorio mochileiro Skate e as nove variacións de estilo adicionais. Non, non hai skin de Michael.

«Se posuídes o conxunto Colgado do aro, teredes acceso a máis desafíos para desbloquear recompensas adicionais, que inclúen estilos para os traxes Driblador e Decisiva, ademais de catro pintadas únicas», explica a páxina oficial de Fortnite.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados