Destiny 2 en Stadia di non ao xogo cruzado, inclusive con PC

Destiny 2 en Stadia di non ao xogo cruzado, inclusive con PC

Podería ser esta unha nova un tanto abraiante, pero non por iso menos certa. Bungie vén de anunciar que todo aquel que queira gozar en Stadia, a plataforma de xogo na nube de Google,  de Destiny 2 só poderá compartir misións e aventuras con xogadores que tamén elixan a devandita plataforma dixital. Non, non poderemos xogar con usuarios de PlaySation 4 ou de Xbox One; tampouco cos de PC, algo que está a sorprender a parte da comunidade.

A cuestión foi exposta, nunha listaxe de preguntas e respostas das que se deduce que Stadia contará co seu propio sistema, por mor disto «os xogadores de Stadia só poderán xogar con otros xogadores de Stadia». O asunto ten un carácter relevante, xa que boa parte do encanto da plataforma de Google pasa por esa idea de poder xogar na pantalla que queiras, alá onde queiras, e Destiny 2 parte como un dos primeiros grandes xogos a gozar neste sistema. A idea de poder desfrutar do título de Bungie deste xeito é tentadora, pero semella un tanto restrinxida con esta revelación –é certo que ningunha versión do xogo permite a función do xogo cruzado–.

Secasí, Mark Noseworthy, director xeral de Destiny, sinalou no seu Twitter que non hai ningunha barreira tecnolóxica que impida implantar o cross-play en Stadia; ora ben, durante o seu lanzamiento non estará disponible.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados