Actualidade Destiny 2 xa está dispoñible para os usuarios de Playstation Plus

Destiny 2 xa está dispoñible para os usuarios de Playstation Plus

Foi unha das grandes sorpresas deste mes. Sony anunciaba a semana pasada que un dos xogos que os usuarios de Playstation Plus poderían ter de forma gratuita este setembro sería Destiny 2. Este título de acción en primeira persoa desenvolvido por Bungie, os creadores de Halo, e editado por Activision convértese nun dos grandes lanzamentos da plataforma de suscripción, que non dudou en afirmar nas súas redes sociáis que este é o mellor mes da súa historia no que se refire a lanzamentos. Tamén estará próximamente dispoñible a remasterización de God of War 3 para Playstation 4.

O xogo de Bungie xa está dispoñible na Store de Sony para descargar. Este anuncio coincide co lanzamento de Destiny 2: Os Renegados, unha nova expansión do título que buscará gañar adeptos na consola de Sony, na que contará con material exclusivo. Este novo complemento do xogo orixinal expandirá o universo de Destiny 2 con dous novos mundos, máis armas e desafíos (incluíndo unha nova incursión), mentres damos caza aos renegados do Príncipe Uldren.

Ademais, os usuarios de Playstation terán en exclusiva unha nova arma e un asalto, chamado Broodhold. Estas novidades garantes que haberá contido en Destiny 2 polo menos ata mediados do próximo ano.

Redaccion

Revista Morcego, o perfil para subir a información xeral, do día a día.