Actualidade
Devil May Cry 5 estrea o seu modo Palacio Sanguento
Capcom cumpre e con abril chega unha nova actualización para Devil May Cry 5. Inclúe o modo Palacio Sanguento.
Este novo extra xogable é un habitual dentro da franquía. Nel iremos derrotando aos inimigos que vaian aparecendo en pantalla, completando niveis, a medida que aumenta a dificultade e loitamos contra o cronómetro. Sexa con Dante, Nero ou V, o único obxectivo é chegar ao dinal do Palacio.
KochMedia publicou o tráiler da súa estrea: