DevilishGames xa teñen un novo proxecto en proceso: Onirike

DevilishGames xa teñen un novo proxecto en proceso: Onirike

Path to Menemosyne chegou ás tendas o pasado ano da man de DevilishGames, estudio valenciano con sede en Villena. Hoxe, martes 24 de setembro, presentaron en sociedade o seu novo proxecto: Onirike. Unha viaxe diferente á xa realizada, cos quebracabezas e as plataformas como base mecánica.

Trátase dunha aventura de mundo aberto en 3D que nos pon aos mandos de Prieto, un estraño ser que debe xogar con mecánicas de invisibilidade para sortear os  obstáculos que lle esperan nun mundo onírico. Con inspiración en grandes clásicos do xénero, exploraremos grandes escnarios mentres interactuamos con seres atípicos e diversos.

O título ten prevista a súa chegada ao longo do próximo ano.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados