Diablo III para Switch permitirá o xogo cruzado
En menos dun mes, os xogadores de Nintendo Switch poderán mercar Diablo III: Eternal Collection. O que en si mesmo xa era unha boa nova, toca engadir outra a maiores: Blizzard está traballado con Sony e Microsoft para permitir o xogo cruzado con esta nova versión.
A compañía estadounidense confirmouno recentemente con certa ironía, respondendo que a cuestión non era se permitirían esa posibilidade entre consolas, senón que cando o poderían facer.
Haberá que esperar, por tanto, un tempo para poder facelo dende o seu lanzamento, pero a confirmación por parte de Blizzard é máis que clara e súmase a esta nova corrente de compañías que queren loitar por pór as cousas máis doadas aos usuarios á hora de poder gozar dun título en compañía dos seus amigos sen importar a plataforma de xogo elegida.