Diablo Immortal supera os 100 millóns de dólares en ingresos nas primeiras semanas
Diablo Immortal logrou, en apenas oito semanas, superar os 100 millóns de dólares en ingresos. A cifra é, coma pouco, impresionante. O xogo recibiu fortes críticas polo seu sistema de investimentos, pero semella que para a compañía a cousa non vai tan mal. A cousa é máis impresionante se pensamos que nas cifras aportadas non se conta o mercado chino, onde foi lanzado o luns 25 de xullo.
As cifras distribuídas por SensoTower falan soas: é unha das franquías que máis axiña acadou o fito dos 100 millóns de dólares, e só é comparábel con títulos coma Final Fantasy XV: A New Empire (22 semanas, tardou), Fortnite (12 semanas), Fire Emblen Heroes (10 semanas) e Pokémon GO (que só tardou dúas).
En números globais, Diablo Immortal xa aparece como un dos títulos móbiles máis rendíbeis, ocupando o cuarto posto en gasto por número de xogadores en xogos de rol para dispositivos móbiles e segundo en MMORPG. En fin, algo bo tiña que ter que mellorar un personaxe ao cen por cen poida custar 110.000 dólares en micropagamentos.