Actualidade Diablo IV amosa o seu bárbaro nun extenso gameplay

Diablo IV amosa o seu bárbaro nun extenso gameplay

A través dun extenso de gameplay de 24 minutos publicado por Game Informer, todo aquel que queira coñecer un chisco máis acerca deste futuro Diablo IV poderá facelo. O personaxe principal para esta demostración foi o bárbaro, unha das tres clases confirmadas para o novo capítulo da franquía.

No vídeo pódense coñecer as diversas habilidades das que dispón esta clase de personaxe para o combate corpo a corpo, un rol ben coñecida dentro da saga e que agora verá ampliada o seu potencial ao poder cargar con até catro catro tipos de armas distintas e cambiar entre elas con rapidez.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.