Actualidade Diablo IV presenta a súa Pícara, a cuarta clase que poderemos escoller

Diablo IV presenta a súa Pícara, a cuarta clase que poderemos escoller

Diablo IV deixouse ver na BlizzConline que a pasada noite izou a áncora. O novo adianto amosado presentou a cuarta clase que poderemos manexar, e centrou a súa atención na Pícara.

Segundo adiantou Blizzard, tratarase de unha reinvención da coñecida Arpía do primeiro Diablo, polo que veremos unha modificación dalgunhas das súas habilidades e, principalmente, un cambio na nosa maneira de controlala e xogar con ela. A Pícara empregará un arco e frechas para atacar a distancia ou as dagas para converter en anacos os seus opoñentes no combates corpo a corpo.

Con esta base cae por lóxica o que tamén foi confirmado: que será un personaxe áxil, cunha enorme velocidade grazas á que se moverá por todo o escenario, sendo un terror para os inimigos.

E cando sairá Diablo IV? Iso… xa é outra historia. Seguimos sen data.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.