DICE atrasa a data de lanzamento de Battlefield V
Un mes a maiores. É o tempo que parece que necesitará DICE para pulir os últimos elementos que fagan de Battlefield 5 a experiencia xugable que queren transmitir aos amantes dos xogos bélicos. A nova data sitúa o 20 de novembro de 2018 como o día de lanzamento oficial, fronte ao 19 de outubro que era a confirmada ata o dagora.
Oskar Gabrielson, director xeral do estudo, fixo público o comunicado nun tweet. En dito anuncio non se precisa ao cen por cen cales son as causas reais ou exactas para este retraso non lanzamento. Nel agradece a comprensión da xente e a axuda prestada nestas últimas semanas nas probas realizadas e lembra que este Battlefield V “será uns dos mellores que puideron crear”, e que permitirá ao xogador a vivir unha “emocionante viaxe” nunca vista nun single player de corte bélico. Tamén destaca a “profunda experiencia” do multixugador.
Cabe lembrar que a compañía de videoxogos xa comentara no seu día que o famoso modo Battle Royale non estará dispoñible os primeiros días. Isto pode asemellar non ser un problema, pero a realidade e que tampoco o estarán outros elementos amosados nos trailers das últimas feiras de videoxogos (E3 e Gamescom), coma arrastrar a un compañeiro ferido ou realizar unha aterraxe de emerxencia. Non poucos usuarios opinaron na Rede tras saberse coñecedorees desta información e pediron a DICE e a Electronic Arts que retrasaran o lanzamento e estrearan un xogo completo, e non pendente de varias actualizacións. Pode que os tiros, nunca mellor dito e visto o visto, vaian nesa dirección.