DiRT 5 sofre un segundo atraso de cara ao seu lanzamento

Segundo atraso consecutivo o que sufriu DiRT 5. O título de condución de Codemasters vén de anunciar que finalmente será o 6 de novembro a data definitiva para o seu lanzamento. Será ese día cando cheguen ao mercado as versións de PS4, Xbox One e PC, namentres que no caso da nova xeración teremos que esperar a finais de ano e para Stadia até principios de 2021.
A comezos de agosto o xogo anunciou un atraso de dúas semanas, até o 16 de outubro, mais esta ocasión non se desvelaron os motivos que orixinan esta decisión. Desde Codemasters quixeron desculparse cos seus seguidores e aseguraron que os usuarios que adquiran a Amplified Edition poderán gozar do acceso anticipado de tres días, é dicir, o 3 de novembro.
News: DIRT 5 will now launch on November 6 for Xbox One, PS4 and PC. #XboxSeriesX and #PS5 versions still launching later this year.
Our road trip just got a little bit longer. Thank you for being part of the journey with us. 🖐️ ❤️ pic.twitter.com/p5c8MDUfKo
— DIRT (@dirtgame) September 7, 2020