Disco Elysium chegará finalmente a Nintendo Switch

Disco Elysium chegará finalmente a Nintendo Switch

Unha das revelacións do ano pasado e incluído entre os mellores títulos da década. Disco Elysium, a obra de ZA/ UM, acaparou multitude de premios e eloxios desde a súa saída no 2019, tales como os premios Bafta ou os The Game Awards. Lanzado en primeiro lugar para PC e confirmado o pasado novembro a súa chegada a PlayStation 4 e Xbox One, agora chégalle a quenda a Nintendo Switch.

Tal e como confirmaron Alexander Rostov e Helen Hindpere, membros do equipo de desenvolvemento, o xogo de rol e mundo aberto aterrará na consola de Nintendo. «Esta entrevista interrompeu o meu traballo sobre o deseño de interface e sistemas de entradas do port para Nintendo Switch», sinala Rostov, en declaracións a BBC 5live. Alén, Hindpere engadiu que «vai ocorrer pronto», aínda que non se confirmou unha data para o lanzamento de Disco Elysium.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados