Actualidade Discord deixará de ofertar xogos aos suscriptores de Nitro

Discord deixará de ofertar xogos aos suscriptores de Nitro

Ser Nitro en Discord viña acompañado da posibilidade de ter acceso a unha selección de xogos de maneira ilimitada. Por desgraza, semella que non era unha función que gozase de excesivo reclamo entre os usuarios, polo que esta característica será eliminada a partir do 15 de outubro. Ora ben, os responsábeis da famosa plataforma de comunicación prometen outro tipo de melloras e novidades para suplir este cambio.

Seguindo información publicada en o blogue oficial da compañía, os usuarios de Nitro —que pagan 9,99 dólares ao mes— poderán enviar arquivos de 100 MB nas súas mensaxes, o dobre que antes; e reducirase o número de boosts necesarios para alcanzar o nivel 3, a mecánica para compartir vantaxes de Nitro nun servidor público, de 50 a 20.

Doutra banda, a tenda de Discord si seguirá o seu camiño, e continuará dispoñíbel para todos os usuarios que queiran facer uso dela.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.