Actualidade Discord inicia hoxe a súa integración en Xbox

Discord inicia hoxe a súa integración en Xbox

Tal e como estaba avisado a través das canles oficial de Microsoft e Discord, a aplicación de comunicación chega por fin até os sistemas Xbox —One e X|S—. É unha boa nova na procura dunha maior comodidade á hora de establecer diálogos e chats cos amigos ou con calquera grupo no que queiramos estar nesta aplicación, aforrando o que facía algunha xente que era ter o móbil ou o PC aberto e facer a chamada por aí.

Porén, aínda haberá que esperar un cacho para saber cando será integrado de xeito definitivo. Polo de agora, a aplicación só estará dispoñíbel para uns Insiders seleccionados e irase expandindo «nas vindeiras semanas», tal e como afirman desde Microsoft.

Sexa como for, a compañía de Raimond si explica como vincular as contas de Xbox e Discord, algo que teremos que facer desde o menú de grupos e chats, ao pulsar o botón Xbox, para logo darlle a Probar Discord Voice en Xbox e seguir os pasos que vaian aparecendo. Tamén é posíbel facelo a través do apartado de conexións na app do mesmo Discord —e pode que máis rápido—.

Doutra banda, é interesante comprobar como o investimento de Sony na aplicación —é accionista minoritario da aplicación de comunicación— non veu finalmente con ningún tipo de exclusividade. Por certo, Discord tamén está integrado en PlayStation e a función ten previsto chegar a todas as rexións do mundo este ano.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.