Actualidade Discord podería ser o vindeiro obxectivo de Microsoft, segundo Bloomberg

Discord podería ser o vindeiro obxectivo de Microsoft, segundo Bloomberg

Malia que os rumores só son iso até que se materializan en realidade, as informacións publicadas por Bloomberg adoitan ter un carácter oficioso. O medio internacional publiucou un artigoeno que sinala o comezo das negociacións por parte de Discord para achar un comprador. Epic Games e Amazon estarían na poxa, mais parece que Microsoft levaría certa vantaxe nas conversas.

A plataforma de comunicación fixou o seu valor nuns 7.000 millóns de dólares, con 140.000 millóns de ususarios. Segundo indica Bloomberg, Microsoft estaría disposta a ofrecer 10.000 millóns de dólares para controlar o servizo.

Sería o investimento máis grande da década no sector do videoxogo por parte da empresa de Redmond, que xa gastou 2.500 millóns de dólares por Mojang, no seu día, e 7.500 millóns de dólares por Bethesda o ano pasado.

A compra de Discord non sería unha brincadeira. É unha das plataformas de comunicación relacionadas cos videoxogos de forma directa que máis crecemento experimentou nos últimos dous anos. Conta cunha sólida base de usuarios, posúe un modelo de negocio a través de Nitro e podería combinar á perfección con servizos como Xbox Game Pass.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.