Actualidade DOOM Eternal amosa as primeiras imaxes do seu DLC

DOOM Eternal amosa as primeiras imaxes do seu DLC

O lanzamento de DOOM Eternal foi un éxito redondoe  ocupan xa unha das prazas como xogo do ano, se ben é certo que a súa historia non rematará aquí. A compañía responsábel da súa creación quixo mostrar xa as primeiras imaxes da súa DLC, unha extensión do modo campaña que ampliará a narración orixinal. Data? Aínda non se comunicou.

O que si quixeron amosar son dúas ilustracións que ameazan con ser as paraxes onde disparar ao longo deste novo engadido. A cousa pinta ben. Sinalar que agora mesmo podes precomprar este DLC, como parte do Year One Pass, por 29,99 euros.

Doutra banda, hai uns días id Software confirmou que esta expansión non contará coa música de Mick Gordon, compositor da brutal banda sonora das dúas últimas entregas, debido a series diferencias entre o equipo e o artista, que foron feitas públicas estas últimas semanas. A continuación podes ver as dúas ilustracións publicadas (preme para ampliar).

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.