Doom Eternal detalla os seus requisitos mínimos e recomendados para PC
Once días falttan sí para o regreso da obra principal de id Software. É por iso que a compañía vén de revelar os requisitos mínimos e recomendados para repartir disparos en Doom Eternal en PC. Tal e como podedes comprobar na páxina de Steam do xogo, a fluidez de FPS durante a partida será unha das cotas máis necesarias para gozar do título.
Doom Eternal chegará o 20 de marzo a PS4, Xbox One e PC, mentres que a versión de Nintendo Switch terá que esperar até o seu lanzamento máis tarde este mesmo ano. Aquí vos deixamos cos requisitos para a versión de PC:
Requisitos mínimos
- Require procesador de 64- bit e sistema operativo
- SO: Windows 7/10 64- bit
- Procesador: Intel Core i5 @ 3.3 Ghz ou superior, ou AMD Ryzen 3 @ 3.1 Ghz ou superior
- Memoria: 8 GB RAM
- GPU: NVIDIA GeForce GTX 970 (4 GB), GTX 1060 (6 GB), GTX 1650 (4 GB) ou AMD Radeon R9 290 (4 GB)/ RX 470 (4 GB)
- Almacenamento: 50 GB de espazo libre
- Notas adicionais: (1080 p / 60 FPS / calidade baixa)
Requisitos recomendados
- Require procesador de 64- bit e sistema operativo
- SO: Windows 10 64- bit
- Procesador: Intel Core i7-6700 K ou superior, ou AMD Ryzen 7 1800X ou superior
- Memoria: 16 GB RAM
- GPU: NVIDIA GeForce GTX 1080 (8 GB), RTX 2060 (8 GB) ou AMD Radeon RX Vega56 (8 GB)
- Almacenamento: 50 GB de espazo libre
- Notas adicionais: (1440 p / 60 FPS / calidade alta)




