DOOM Eternal fixa por fin a súa estrea en Nintendo Switch
DOOM Eternal xa marcou en vermello unha nova data no calendario. O próximo 8 de decembro, apenas unha semana, o título de id Software chegará á máquina híbrida de Nintendo. Candidato como GOTY deste 2020, configúrase como unha das mellores obras de acción deste ano, un título estimulante, violento e satisfactorio.
O xogo terá, de momento, só versión dixital e ocupará 18,8 GB en Switch. Tamén contará con controis xiroscópicos opcionais que se poden axustar ou apagar e prender tanto en Nintendo Switch como na versión Lite. Tamén incluirá o Battlemode, un modo multixogador asimétrico no que un xogador loita contra dous demos controlados por outros usuarios.