DOTA 2 Auto Chess acada os seis millóns de xogadores

DOTA 2 Auto Chess acada os seis millóns de xogadores

É posible que na nosa terra non se fale tanto de DOTA 2 como noutras rexións no mundo. A elección de League of Legends como principal MOBA achega unha explicación sinxela para iso. Con todo, sería un erro para evitar non prestar máis atención ao incrible éxito dun dos mod do título de Valve, DOTA 2 Auto Chess, que continúa medrando a pasos de xigante e que xa acadou a cifra dos seis millóns de xogadores. Poden non parecer tanto vendo os cincuenta de Apex Legends, pero nin sequera falamos dunha produción completa como tal, nin tampouco se sitúa dentro dun dos xéneros de moda.

Non é a primeira que falamos en Morcego de DOTA 2 Auto Chess e seguramente non será a última. A grandes liñas, este mod desenvolto por Drodo Studio poderíase definir como un xadrez de heroes, un chess-hero. O seu éxito pillou por sorpresa a boa parte da comunidade, mesmo aos seus creadores, que viron como en febreiro alcanzaban os catro millóns de xogadores, o 27 do mesmo mes os cinco millóns e, por último, este 12 de marzo, subían outro millón máis.

A afluencia de xogadores que quere probar este mod disparou as cifras de usuarios conectados a DOTA 2.

A tendencia á alza deste modo de xogo non pasou inadvertida para Valve, que continúa a se lamber a ferida que lle produciu o fracaso do seu xogo de cartasArtifact, que non conseguiu reter aos xogadores (a día de hoxe apenas conta con picos de 600 usuarios). Os rumores apuntan a que a compañía de Gabe Newell estaría a pensar seriamente en realizar un movemento similar ao que xa fixo cos creadores do mod Counter-Strike para Hal Life, e ofrecerse a crear un título independente. Naquel momento a cousa saíu tan ben que acabou por ver a luz un dos videoxogos máis coñecidos e exitosos do panorama actual.

Non poucos profesionais dos xogos de estratexia encomiaron as características de DOTA 2 Auto Chess. Cren que ten potencial suficiente para poder derivar ou crear un xénero propio, dacabalo entre o xadrez e o uso de personaxes con habilidades activas e pasivas.

 

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados
Comentarios non permitidos
    • Pastel de Carne
    • En: 13 de Marzo de 2019

    Poie eu probeino un par de veces e creo que non teño claro o concepto…

  1. […] desexas saber de que vai todo isto, en Morcego dedicamos xa un par de artigos a falar das bondades deste novo tipo de xogo, coa estratexia como base. Porén, o mellor é ver […]