Actualidade Dota Auto Chess, o éxito repentino que ninguén agardaba

Dota Auto Chess, o éxito repentino que ninguén agardaba

O seu nome xa o di todo. Dota e xadrez. Unha mestura tan singular como imposible na primeira ollada, pero que conseguiu alcanzar un éxito colosal dentro de Steam. Na práctica, Dota Auto Chess sitúase como un xogo arcade dentro do propio Dota 2. É dicir, un mod que Drodo Studio creou e publicou dentro do MOBA de Valve o pasado 4 de xaneiro. Este tipo de mapas e xogos alternativos son un divertimiento habitual para descansar entre partida e partida, pero a comunidade dotera mostrou un especial interese por este. Tanto, que até profanos ao famoso MOBA decidiron darlle unha oportunidade.

É necesario instalar Dota 2 para xogar este modo de xogo, claro que o MOBA de Valve é de balde.

En apenas un mes, fíxose co trono de ser o xogo arcade máis xogado de Dota 2, que non é pouco. A súa premisa é un tanto curiosa: debemos elixir entre varios heroes (que funcionarán como pezas) para configurar o noso taboleiro de xogo. Empezamos só cunha peza, pero acabaremos a partida con dez ( como máximo). Cada heroe ten habilidades únicas e habilidades pasivas que se activan ao ter un número determinado de pezas da mesma clase. As pezas cómpranse cunha moeda limitada ao principio de cada rolda e mantéñense en espera até que decidamos usalas.

Ao ter tres figuras iguais do mesmo poder poderemos subir ao heroe de nivel. As pezas atópanse nunha reserva compartida entre todos os xogadores. As partidas divídense en roldas que nos enfrontarán aleatoriamente contra os outros xogadores. Por cada peza viva ao final da rolda, faremos unha cantidade determinada de dano ao noso opoñente

De acordo, soa raro, mesmo complicado; pero ao botar un par de partidas uno xa descobre as mecánicas e comproba o divertido que é este xadrez dotero. A profundidade do apartado táctico sorprende, máis aínda se lembramos que é un simple mod. O certo é que o éxito tan rotundo que tivo Dota Auto Chess suscitou un enorme interese cara a Drodo Studio, ante a idea de que saque un título propio con este orixinal formato de xogo.

O curioso é que ata Valve, que adoita ser un unha compañía un tanto desinteresada máis aló dos seus propios plans, patrocinou xa un torneo de Dota Auto Chess, mentres que coñecidas personalidades de títulos de estratexia coma Savjz, ex xogador de HearthStone, encomiou o potencial do Auto Chess como xénero, ao que define como o “próximo bombazo” dentro dos xogos deste tipo.

Poida que este sexa o Artifact que Valve debeu facer.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
  1. […] Non é a primeira que falamos en Morcego de DOTA 2 Auto Chess e seguramente non será a última. A grandes liñas, este mod desenvolto por Drodo Studio poderíase definir como un xadrez de heroes, un chess-hero. O seu éxito pillou por sorpresa a boa parte da comunidade, mesmo aos seus creadores, que viron como en febreiro alcanzaban os catro millóns de xogadores, o 27 do mesmo mes os cinco millóns e, por último, este 12 de marzo, subían outro millón máis. […]