Dous millóns de niveis en Super Mario Maker 2 e subindo

Dous millóns de niveis en Super Mario Maker 2 e subindo

O éxito de Super Mario Maker 2 era algo que podiamos agardar, pero non por iso deberían deixar de sorprender os seus números e logros. A nova entrega do título de creación e superación de niveis alcanzou xa a cifra incríbel de 2 millóns de propostas. Unha tolemia.

O título estreouse hai unha semana e a recepción da comunidade foi xenial. Ademais, grazas ás redes sociais, a posibilidade de compartir niveis dunha maneira rápida e eficiente fai que as creacións voen pola rede. A través da súa conta oficial de Twitter, a mesma Nintendo confirmou a cifra millonaria.

«Grazas a todos vós, Super Mario Maker 2 xa alcanzou os dous millóns de niveis enviados! Agardamos que todos sigades creando e compartindo os vosos niveis soñados!», reza a mensaxe publicada.

Máis cifras? A nova obra de Mario e Luigi vendeu 200.000 unidades en Xapón en menos de sete días e tamén se elevou como a mellor estrea dun xogo de Nintendo Switch en Reino Unido no que vai de ano.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados