Actualidade Dragon Age reaparece con novas imaxes pero sen data de saída

Dragon Age reaparece con novas imaxes pero sen data de saída

Sempre é boa nova comprobar que BioWare avanza no futuro Dragon Age, mais, alén dun novo vídeo cinemático, pouco máis ofreceu a compañía sobre o seu RPG de fantasía.

De aspecto belo, o novo adianto permite entrar no mundo que o estudio de Edmonton está a confeccionar e crear. Trátase da volta dunha das sagas máis exitosas do século XXI, que levantou a BioWare como unha das compañías máis relevantes neste eido. Dragon Age 4, se é que así é o seu nome final, está en camiño, malia que non ofreceu nin data nin xanela de lanzamento.

Algún detalle relevante? Unha pequena sorpresa ao final do vídeo, no que se confirma a volta de Solas, se ben é certo que este era un feito que xa se anticipaba no teaser do 2018. O tempo voa.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.