Dragon Ball FighterZ contará co Goku de Dragon Ball GT

Dragon Ball FighterZ contará co Goku de Dragon Ball GT

Rumores que se fan realidade ou que apuran os anuncios para que iso suceda. Bandai Namco confirmou que a versión que coñecemos de Son Goku en Dragon Ball GT chegará a Dragon Ball FighterZ. Será o próximo personaxe en engadirse ás filas do exitoso xogo de loita tal e como trascendeu a raíz dunha publicación na revista xaponesa Monthly V-Jump.

Aspecto de Son Goku durante Dragon Ball GT.

O título atópase inmerso na súa segunda tempada, un curso competitivo no que xa incorporou a Jiren e Videl. Broly Full Power e Gogeta SSJ Blue tamén foron chamados a filas, pero todavía estamos a agardar a súa aparición. O Goku de GT, do mesmo xeito que o resto, chegará como un DLC de pago. En teoría, faltaría tan só un personaxe máis por coñecer, dos seis que chegarán esta tempada.

O seu movemento especial será o Super Kamehameha, co que se transforma en Super Saiyan 3 cando quedan dous ou menos membros do equipo, mentes que o seu ataque meteoro inclúe o Super Spirit Bomb. Tamén terá no seu elenco de movementos o Power Pole e o Reverse Kamehameha.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados