Actualidade Dragon Ball FighterZ presenta a Super Baby 2 e anuncia a chegada de Gogeta SS 4

Dragon Ball FighterZ presenta a Super Baby 2 e anuncia a chegada de Gogeta SS 4

Bandai Namco presentou esta fin de semana pasada un novo vídeo de Dragon Ball FighterZ cos dous novos personaxes do seu terceiro pase. Super Baby 2 será o primeiro en chegar, o 15 de xaneiro, namentres Gogeta Super Saiyan 4 queda sen data de debut concreta, aínda que non tardará demasiado tal e como di o vídeo.

O anuncio realizouse na retransmisión oficial de o campionato nacional de Xapón de Dragon Ball FighterZ e o tráiler conseguiu xerar unha enorme expectación entre os seguidores da obra orixinal e o xogo de loita. Doutra banda, a editora confirmou que o xogo xa superou os 6 millóns de copias vendidas en todo o mundo, afianzando o seu éxito.

Baby e Gogeta completan o terceiro pase, tras aterrar no catro de personaxes Kefla, Goku Ultra Instinto e o Mestre Mutenroi.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.