Actualidade Dragon Ball Z: Kakarot lanza novo contido que narra a saga de Beerus

Dragon Ball Z: Kakarot lanza novo contido que narra a saga de Beerus

O contido para as aventuras de Son Goku non rematou aínda. Dragon Ball Z: Kakarot – O espertar dun novo poder – Parte 1 é o novo DLC que recibe o título de CyberConnect2 hoxe mesmo e que está baseado no universo de Dragon Ball Super. Grazas ao tráiler de lanzamento puidemos ver os enfrontamentos contra Beerus, os adestramentos con Whis e por suposto, as transformacións de Super Saiyan Deus tanto de Son Goku como de Vegeta.

Unha novidade importante é que o argumento será distinto respecto á película lanzada en 2014 e que terá unha historia orixinal que se centrará principalmente nos combates. A segunda parte deste contido aínda non conta cunha data concreta para a súa chegada e posteriormente agárdase a publicación dun segundo DLC cunha trama completamente nova que en palabras do produtor Ryosuke Hara, terá o contido equivalente a unha saga como a de Freezer.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.