Actualidade Dragon Ball Z: Kakarot presenta o universo que tentaremos salvar

Dragon Ball Z: Kakarot presenta o universo que tentaremos salvar

Malia que o seu anuncio foi recibido con certa distancia por parte da comunidade, Dragon Ball Z: Kakarot foi gañando en interese e atención ao longo dos últimos meses. Aos poucos, o título que será distribuído por Bandai Namco posicionouse como unha das apostas máis ambiciosas e potentes á hora de perpetuar as aventuras de Son Goku. Conseguirao? É pronto para dicilo, o veredicto tardará uns meses en chegar, pero CyberConnect 2 semella que elixiu a senda correcta.

Capturado sobre a versión de Xbox One, DBZ Kakarot vén de publicar un novo vídeo no que trata de aproximar os diferentes elementos que dan forma a un xogo que chegará en xaneiro de 2020. O novo material funciona como un resumo da historia e das mecánicas que utilizaremos ao longo da aventura: exploración, historia e combate.

O xogo recreará o universo de Akira Toriyama con moitísimo detalle, aínda que tamén engadirá localizacións e elementos orixinais. En fin, mellor velo que contalo.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *