Actualidade Dragon Quest XI S: Definitive Edition recibe unha demo de 10 horas en PC, PS4 e Xbox One

Dragon Quest XI S: Definitive Edition recibe unha demo de 10 horas en PC, PS4 e Xbox One

Square Enix convida os xogadores de PC, PS4 e Xbox One a probar Dragon Quest XI S: Definitive Edition durante dez horas. Trátase da versión máis completa do xogo, que inclúe o contido exclusivo até o de agora de Switch.

A compañía xaponesa tamén explica que todo o progreso que logremos nesta demo gratuíta poderá ser mantido se adquirimos a obra nas tendas. Ollo, estará incluído desde o seu lanzamento no Xbox Game Pass de Microsoft. Cando chega? O 4 de decembro.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.