Drew Murray regresa a Insomniac Games após abandonar The Initiative

Hai unhas semanas Drew Murray anunciaba a súa saída de The Initiative, o grande estudio first party de Microsoft detrás da volta de Perfect Dark. Non pasará máis tempo sen traballo. O deseñador volve á que foi a súa casa, Insomniac Games.
Murray foi o director de Sunset Overdrive, que no seu día foi unha obra exclusiva de Xbox. Curiosamente, esta acción é xa imposíbel, pois Insomniac Games foi mercada por PlayStation durante a pasada xeración, logo do éxito de Marvel’s Spider-Man.
Como é habitual na industria, a nova chega a través da súa conta de Twitter. Malia que a mensaxe publiacada no seu día aventuraba un afastamento máis duradeiro da profesión, a súa incorporación semella que será inmediata.
Murray tamén participou noutros proxectos da desarrolladora. Foi deseñador de Ratchet & Clank: Armados ata os dentes e foi membro activo durante toda a triloxía de Resistance. Aínda non se confirmaron os novos proxectos que asumirá como deseñador principal na súa volta.
I guess ten years, five games, and six job titles just wasn't enough. I'm excited to be rejoining many friends and former colleagues at @insomniacgames as a Principal Designer. That takes me to my seventh job title; now I just need to work some days and make some games, right? pic.twitter.com/gCK4z4OVUY
— Drew Murray (@PlaidKnuckles) February 22, 2021