Dying Light 2 mostra case media hora do xogo en acción
Techland fixo público un vídeo de vinte e seis minutos de duración con gameplay do Dying Light 2, o segundo capítulo dunha marca que combina zombis e parkour, e que gozou de moitísimo éxito após o seu nacemento, no 2015.
Na práctica, este adianto é a demostración que puideron ver os visitantes ao E3 e á Gamescom deste verán. Trátase dunha peza de longa duración, que permite coñecer de primeira man o aspecto e as novidades que traerá a nova entrega.
Os seus reesponsábeis afirman que o mundo de Dying Light 2 é catro veces máis grande que o da súa primeira parte. Tamén se incluíu un complexo e profundo sistema de eleccións que obrigará aos xogadores a tomar decisións realmente duras, mesmo sacrificios, para poder manter o equilibrio nunha sociedade ao bordo do abismo —ou no fondo de leste—.
A nova obra de Techland poñerase á venda na primavera de 2020, e chegará a PlayStation 4, Xbox One e PC.