Dying Light 2 xa recibiu o seu primeiro DLC de balde

Dixo Techland que Dying Light 2: Stay Human terá contido extra durante os vindeiros cinco anos, e deben telo, porque xa viu a luz o seu primeiro DLC, apenas uns días despois do lanzamento do seu nuevo título.
Chámase, Authority Pack, e inclúe un set de roupa composto por tres elementos: unha chaqueta, uns pantalóns e unhas zapatillas.
Máis adiante serán publicados, en dúas quendas distintas, o resto de elementos do conxunto. No primeiro un gorro, unhas luvas e unhas lentes; e, no segundo, unha nova arma.