E3 2021 :: Onde ver e seguir as conferencias en galego

E3 2021 :: Onde ver e seguir as conferencias en galego

O E3, a cita máis popular da industria do videoxogo, regresa este 2021 logo dun un ano de ausencia por mor da pandemia do coronavirus. Non o fai de forma física, como mandaría a tradición, e seguindo o ronsel doutros eventos similares, os seus organizadores apostan por un formato totalmente dixital.

En Morcego tentaremos de novo traervos toda a información, os anuncios máis importantes e as presentacións de obras máis interesantes. Como? Por escrito, cun resumo diario das conferencias máis rechamantes; e en vivo e en directo, a través de Twitch. Así é, outro ano máis, queremos facer realidade a idea de seguir o E3 na nosa lingua.

Por desgraza, por motivos persoais e laborais, a nosa achega neste sentido será algo máis limitada que en edicións anteriores. Vaia, que ‘só’ cubriremos en directo tres conferencias (Microsoft, Ubisoft e Square Enix). Emporiso, a través de Twitch en Galego xa houbo un chamamento para animar a outros creadores de contido a cubrir as citas que consideren, coa intención de retransmitir a maior parte do programa.

A continuación tes un cadro coas conferencias que forman parte de leste E3, día e hora, e a canle no que poder seguilo en galego. Vamos polo E3! Se queres que figure a túa canle no cadro, non dubides en avisar por Discord, Twitter ou correo.

Conferencia Horarios (CEST) Canle para seguir en galego
Devolver Direct 12 de xuño
22.30 horas
Guerrilla Collective (2) 12 de xuño
17 horas
Ubisoft Forward 12 de xuño
21 horas
Revista Morcego
Xbox & Bethesda Games Showcase 13 de xuño
19 horas
Revista Morcego
Square Enix Presents 13 de xuño
21.15 horas
Revista Morcego
PC Gaming Show 13 de xuño
23.30 horas
Adrancinho
Future Games Show 14 de xuño
01 horas
Capcom 14 de xuño
23.30 horas
Nintendo Direct 15 de xuño
18 horas
Adrancinho
Gala de premios E3 2021 15 de xuño
Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados