E3 :: Square Enix cumpre e busca ilusionar con Final Fantasy e Avengers

A de Square Enix poderíase definir como unha conferencia decisiva. A irregularidade marcou á compañía xaponesa estes últimos anos –atrasos nos proxectos, tardanzas explicábeis, ausencia de novas relevantes…–, por iso antollábase necesario, obrigatorio, que onte conseguise ilusionar ao seu público. A súa gran baza: Final Fantasy VII Remake. A revisión do lendario RPG de PlayStation é un macroproyecto para Square Enix, a súa carta máis importante e a única que lle pode dar a partida, por iso onte tocou arriscar, tivo que ensinarlle ao mundo dunha vez por todas que é esta obra e como se xogará. Nun principio, semella saír ben parada do encerro. Doutra banda, por fin apareceu máis que un logo de Avengers, xogo desenvolto en colaboración con Crystal Dynamics, e cuxo mutismo total presaxiaba o peor. Non foi así, aínda que faltan datos por concretar e moito xogo por ensinar.
Antes de morder los huesos más duros, conviene saborear los entrantes, que los hubo. Siendo su franquicia más conocida internacionalmente, Final Fantasy tuvo hasta tres momentos de importancia, además del ya mentado remake. Por un lado con Final Fantasy Christal Chronicles – Remastered Edition, para PlatStation 4, Switch y dispositivos móviles; por otro, con Final Fantasy VIII, que también contará por fin con una remasterización para las consola de Sony, Nintendo y Microsoft. Y sí, cómo no, Final Fantasy XIV Online abrió la puerta de Shadowbrinngers, la expansión que llegará el 2 de julio. El MMORPG atraviesa uno de sus momentos más dulces, con un número elevadísimo de jugadores activos. El nuevo contenido traerá dos trabajos a mayores y dos razas más.
Antes de morder os ósos máis duros, convén saborear os entrantes, que tamén houbo. Sendo a súa franquía máis coñecida internacionalmente, Final Fantasy tivo até tres momentos de importancia, ademais do xa amentada revisión. Por unha banda con Final Fantasy Christal Chronicles – Remastered Edition, para PlatStation 4, Switch e dispositivos móbiles; por outro, con Final Fantasy VIII, que contará por fin cunha remasterización para as consola de Sony, Nintendo e Microsoft. E si, como non, Final Fantasy XIV Online abriu a porta de Shadowbrinngers, a expansión que chegará o 2 de xullo. O MMORPG vive un dos seus momentos máis doces, cun número elevadísimo de xogadores activos. O novo contido traerá dous traballos a maiores e dúas razas máis.
Deixando a fantasía atrás, as emocións puras e humanas tomaron o control grazas a Life is Strange 2 xunto ás reaccións que espertou por todo o mundo. Momento promocional, igual que o foi o lembrar que as diversas bandas sonoras das que é propiedade Square Enix están agora dispoñibles en case unha decena de plataformas dixitais de música como Spotify. Agradécese.
Que a compañía xaponesa é experta en asuntos de RPG e JRPG é un feito, por iso Octopath Traveler tamén quixo facer acto de presenza e avisar do seu recente lanzamento en PC. Recomendado? Si. Iso si, todo indica que a empresa conveteuse nunha profesional das remasterizacións, porque ademais das xa nomeadas presumiron da lograda con The Last Remnant, orixinal de Xbox 360, grazas ao uso do motor Unreal Engine actual para a súa adaptación a Switch, máquina que tamén recibirá Dragon Quest XI S: Ecos dun pasado perdido, outra xoia.
É esta unha saga importante para Square Enix, aínda que en Occidente gozamos en maior medida coa franquía Final Fantasy. No país do sol nacente Dragon Quest é sinónimo de relixión. Quizais por iso tardamos un pouco máis en recibir Draon Quest: Builders 2, pero chegará o 12 de xullo e teremos demo a finais deste mes. Mostrou xogabilidade e posibilidades. Diversión garantida.
A cara máis independente chegou grazas a un resumo de todos os títulos lanzados por The Square Enix Collective e a súa nova aposta nese eido: Circuit Superstars, un arcade de carreiras de corte clásico e vista cenital desenvolto en México. Chegará no 2020 como un multiplataforma. Tamén gozou de uns minutos Batallion 1944, o shooter bélico competitivo lanzado en maio.
A acción máis pura tivo a súa aparición grazas a Dyng Light 2 e a súa combinación de zombis e parkour. Chegará en primavera, o que aspira a converter a primeira metade do ano que vén nun auténtico despropósito de lanzamentos triplo A. Doutra banda, People Can Fly foron presentados no escenario como os creadores de Bulletstorm e Gears of War: Judgment. Teñen algo entre mans, chámase Outriders e chegará o próximo verán. Non ofreceron demasiados detalles, máis aló de que poderemos xogar sós ou en compañía, que haberá monstros, escuridade e que combateremos contra estes elementos en terceira persoa.
Volvendo ao rol, os seguidores da franquía Saga poden estar contentos. Occidente recibirá Romancing Saga 3 e Saga Scarlett Ambitions. O primeiro chegará a Xbox One, PS4, PS Vita, PC e Nintendo Switch, así como a dispositivos móbiles. O segundo fará o propio en PS4, PC, Nintendo Switch e teléfonos móbiles. Non esquecer tampouco o novo de Tokyo RPG Factory, responsables de I am Setsuna, que aparecerá en Switch, PS4 e PC o 22 de agosto. Traerá textos en castelán e levará por nome Oninaki.
Cloud: unha espada e dous discos
Final Fantasy VII Remake será «máis belo do que foi nunca». Son palabras de Yoshinori Kitase, produtor do título. A continuación, o home exerceu de mestre de cerimonias xunto con Tetsuya Nomura e deu paso a un extenso gameplay que ofreceu unha enorme cantidade de respostas á cuestións que tanto tempo levaban sobre a mesa: Como será o sistema de combate? Será un FF XV 2.0? Controlaremos a todos os personaxes? Cantas partes terá? Calma.
Primeiro, é necesario aclarar a última cuestión. A revisión terá un carácter episódico e esta primeira parte contará con dous discos Blue-Ray. Segundo parece, toda a acción que conteñan desenvolverase en Midgard. Cantas máis partes haberá e cando chegarán? Silencio, pero é previsíbel que dúas máis.

Sephiroth, fixo por fin a súa aparición nesta revisión.
A nivel xogabilidade, fíxose moitísimo fincapé na facilidade para cambiar de personaxe durante as batallas; combates que serán en tempo real pero nos que poderemos utilizar o Modo Táctico (Tactical Mode) para retardar o tempo e planificar os próximos movementos do noso grupo durante o mesmo duelo. A sombra de Final Fantasy XV é alongada, pero tamén hai pinceladas orixinais que poderían ser moi interesantes. É unha aposta arriscada. Encantará e defraudará a partes iguais, pero é o que ten facer o remake dun mito. Doutra banda, os combates cos xefes serán momentos de enorme espectáculo, divididos en fases, Tamén aproximaron pistas sobre outro novo elemento: a existencia de coberturas físicas para evitar certos ataques. Así mesmo, as materias seguirán presentes.
Vese que Square Enix non quixo crear un machacabotóns e fuxiu da posibilidade de que Final Fantasy VII se converta nun hack & slash. O 3 de marzo comprobaremos o resultado final, probablemente antes, a través de novas presentacións.
Tamén foi introducida unha barra de resistencia nos inimigos. Unha vez chea, poderemos encadear ataques máis letais sobre eles. Si, deixáronse ver novas caras: Tifa e Sephiroth. Para que negalo. O seu deseño loce espectacular, igual que todo o apartado gráfico da aventura. A compañía xaponesa deeixou o listón moi alto con Final Fantasy XV, pero hai que recoñecerlle o incríbel traballo visual que está a facer con este título.

Tifa é a nova personaxe elixida pola compañía para apreciar o seu redeseño.
E despois de rebentar a taquila…
Que Marvel está de moda é como dicir que a choiva molla. Lanzar un xogo sobre Os Vingadores é un taquillazo case asegurado a falta dun resultado bochornoso. O carallo! Aínda que iso ocorra venderá unha suma millonaria.
Square Enix viña de vender aos catro ventos que Avengers estaría presente na súa conferencia despois de confirmar que chegará o 15 de maio de 2020 a Xbox One, Stadia, PC e PS4, con extras exclusivos para a consola de Sony como acceso anticipado á beta e outros contidos por revelar. Por iso, que o xogo de Marvel ía ser a última pílula da conferencia era obvio. O problema? Custa saber o tipo de xogo que será. O seu primeiro adianto dá pistas do contexto narrativo, cuns Vingadores tocados moralmente tras un tráxico suceso como é a morte dun dos seus integrantes. Hai que dicir que esta aventura non fía co Universo Cinematográfico de Marvel, polo que non contará nin cos actores que a día de hoxe todos coñecemos, e a súa historia será orixinal.
Sabemos que será un título para gozar sós ou en compañía, que haberá acción e que poderemos controlar aos diferentes membros da iniciativa Vingadores, cada un coas súas habilidades e poderes. Haberá unha importancia narrativa alta, aínda que se descoñece como se dividirán as misións ou o desenvolvemento das mesmas. A definición oficial é a dun xogo de acción e aventura, punto.
A estas alturas da película o dato é importante, así que aquí queda. Avengers estará libre de caixas de botín. De feito, tampouco ofertará opcións de pay-to-win ou similar.