Actualidade E3 :: Ubisoft chega sen sorpresas e con confianza no de sempre

E3 :: Ubisoft chega sen sorpresas e con confianza no de sempre

Quizais sexa certo: non son tempos para sorpresas. As limitacións laborais que trouxo o coronavirus notáronse na industria do videoxogo e nas súas xornadas de maneira notoria. Atrasos, reprogramaciones, estreas con títulos inacabados… Con todo isto sobre a mesa, non era difícil pensar que o E3 deste ano, nova xeración de consolas polo medio, teña máis de transición que doutra cousa. E Ubisoft onte deixouno claro, cristalino.

A compañía francesa emitiu unha conferencia (?) dunha hora na que amosou as súas cartas máis interesantes a curto prazo. Todo o que se viu era xa máis ou menos coñecido, aínda que fosen imaxes inéditas. Far Cry 6, Rocksmith+, Rainbow Six Extraction, Just Dance 2022,  Riders Republic, contido novo para Assassin’s Crerd Valhalla… Puido Avatar: Frontiers of Pandora salvar algo a situación —malia que xa sabiamos que estaba en desenvolvemento—, ou Mario + Rabbids: Sparks of Hope, mais a mesma Nintendo fixo a filtración horas antes na súa tenda. Todo moi xusto e sen apenas gameplay.

En fin. Como estas cousas son mellor velas que explicalas, a continuación tes os vídeos de cada unha das presentacións. En Twitch estivemos cubrindo o asunto en directo.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.