EA confirma a presenza de Jedi Fallen Order no E3

Despois da súa presentación oficial durante a Star Wars Celebration 2019 o pasado abril, Jedi Fallen Order pon data concreta ao seu primeiro gameplay. Electronic Arts avisara de que sería en xuño, polo que o E3 simulaba ser un terreo propicio para iso. Efectivamente, durante a feira anxelina poderá verse o futuro título de Respawn adicado ao ficticio universo galáctico iniciado por George Lucas.
O certo é que a propia empresa sinalou que o título aparecerá até en dúas ocasións, o que oficializa a súa aparición ao longo de dúas conferencias distintas en xuño. Primeiro, durante o EA Play que a compañía organiza á vez que o E3; logo, durante a propia feira.
Thirdly, for #MayThe4thBeWithYou, we're excited to confirm that #StarWarsJediFallenOrder will have its gameplay reveal this June at EA Play and E3! More details to come! pic.twitter.com/Yo0vNlgS5K
— EA Star Wars (@EAStarWars) May 4, 2019
«Estamos emocionados de confirmar que Star Wars Jedi Fallen Order terá o seu primeiro gameplay este mes de xuño no EA Play e no E3 2019. Proximamente máis detalles», sinala EA en Twitte. A conferencia de Microsoft semella ser a elixida para a segunda aparición, xa que é a única compañía con hardware propio que verá este xogo na súa consola e que terá conferencia nos Ángeles, ante a ausencia total de Sony no evento