EA fai públicos os requisitos mínimos de Anthem para PC

Tralo lanzamento dun novo tráiler con motivo do CES 2019, Electronic Arts publicou, por fin, cales serán os requisitos do novo videoxogo de BioWare en PC.
Nada fóra do común nun título moderno, aínda que si destaca a inclusión da Nvidia RTX 2060 como tarxeta recomendada, anunciada recentemente. Este novo dispositivo conta con soporte para tecnoloxía ray tracing.
O lanzamento oficial de Anthem está fixado para o próximo 22 de febreiro en PS4, Xbox One e PC. Os xogadores que reservasen o título poderán gozar dun adianto entre os días 25 e 27 de xaneiro. Pouco despois, do 1 ao 3 de febreiro, habilitarase unha proba de balde para todos os usuarios.
Requisitos mínimos
- Sistema Operativo: 64-bit Windows 10
- CPU: Intel Core i5 3570 o AMD FX-6350
- RAM: 8 GB
- GPU: NVIDIA GTX 760, AMD Radeon 7970 / R9280X
- GPU RAM: 2 GB de memoria de video
- Disco duro: al menos 50 GB
- Directx: DirectX 11
Requisitos recomendados
- Sistema Operativo: 64-bit Windows 10
- CPU: Intel Core i7-4790 3.6GHz o AMD Ryzen 3 1300X 3.5 GHz
- RAM: 16 GB
- GPU: NVIDIA GTX 1060/ RTX 2060, AMD RX 480
- GPU RAM: 4 GB de memoria de video
- Disco duro: al menos 50 GB
- DIRECTX: DirectX 11