Actualidade EA Play non se integrará no Xbox Game Pass de PC até o 2021

EA Play non se integrará no Xbox Game Pass de PC até o 2021

Malia que xa está dispoñible na súa versión de consolas, o EA Play, o catálogo que inclúe todos os xogos de Electronic Arts, tardará un tempo en aparecer integrado dentro do servizo de Microsoft para PC.

«Establecemos este acordo con Electronic Arts porque teñen tanta paixón coma nós por axudar á xente e ás comunidades a descubriren grandes xogos, e sabiamos que poderiamos proporcionar unha gran experiencia ao noso membros traballando xuntos. Para poder facelo, precisamos de máis tempo para proporcionar a experiencia Xbox Game Pass», reza o comunicado oficial da marca Xbox.

Emporiso, non transcendeu o motivo do atraso, que simplemente fixa unha xanela de lanzamento ao longo do próximo ano, con novas a principios do mesmo. A súa chegada estaba en PC estaba prevista para hoxe.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.