EA Sports rompe coa tradición e FIFA 21 non contará cunha demo este ano

EA Sports rompe coa tradición e FIFA 21 non contará cunha demo este ano

Após numerosas edicións respectando a súa tradición, EA Sports decidiu que non lanzará unha demo gratuíta da nova versión da saga FIFA. Segundo palabras da propia desenvolvedora, a ausencia desta proba permite que o equipo se centre totalmente no xogo final e así mellorar a súa calidade.

Por tanto, unicamente os membros de EA Play poderán xogar de forma anticipada a FIFA 21, dez días antes do seu lanzamento o vindeiro 9 de outubro. Porén, tamén se revelaron boas novas para os xogadores do territorio español, xa que a compañía decidiu establecer un novo servidor dedicado ás funcións en liña do xogo en Madrid.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados