Earthworm Jim contará cunha nova entrega no 2020

Earthworm Jim contará cunha nova entrega no 2020

Earthworm Jim, figura antolóxica da industria do videoxogo, volve. Os seus creadores orixinais confirmaron que están a traballar no desenvolvemento dun novo xogo sobre o universo deste personaxe. Unha boa noticia que, dalgún xeito, tamén chega con certo resaibo amargo: só verá a luz na nova consola de Intellivision, Amico, que sairá á venda a finais do 2020.

Que é Amico? É unha futura máquina dirixida en exclusiva a títulos de temática e corte retro, sexan revisións ou novos xogos como este Earthworm Jim. O seu xirará ao redor dos 170 dólares americanos e os lanzamentos dixitais situaranse sobre os 5 dólares.

«Estivemos falando deste momento durante moitos anos. É un soño feito realidade poder reunir ao equipo enteiro de novo», explica Tallarico. O grupo humano que dará forma a este novo Earthworm Jim contará con até nove membros do equipo orixinal. Tallarico tamén indica que pronto compartirán mostras do seu traballo co mundo.

Earthworm Jim foi un icóno das consolas durante os 90. O seu primeiro xogo foi lanzado para Sega Mega Drive en 1994.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.