Actualidade Eden Hazard, protagonista da portada do FIFA 20

Eden Hazard, protagonista da portada do FIFA 20

Cristiano Ronaldo non será o protagonistas na portada da novo FIFA. EA Sports vén de anunciar que Eden Hazard, fichado para esta vindeira tempada polo Real Madrid de Zidane, será a cara que vexan os xogadores cando acudan a comprar unha copia do FIFA 20. O simulador de fútbol chegará ás tendas para PC, PS4, Xbox One e Nintendo Switch o 27 de setembro, seguindo a súa tradición anual.

«FIFA é o videoxogo de fútbol máis grande do planeta, xoguei durante anos cos meus irmáns», destaca o extremo belga. «Tiven a sorte de estar na portada hai algún tempo, pero estar este ano, en todo o mundo, é incríbel. Só espero que os xogadores gocen coa noticia tanto coma min cando saio ao campo do Real Madrid!».

O defensa holandés Virgil van Dijk, pola súa banda, prestará o seu rostro á Champions Edition de FIFA 20 que chegará a téndalas tres días antes, o 24 de setembro. «É unha gran honra para min estar na portada de FIFA 20. Xoguei a FIFA desde que teño memoria; é un tremendo orgullo para min representar ao Liverpool na portada dun videoxogo tan famoso», comenta o central campión de Europa.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.