O 3 de xuño abrirá o rexistro para participar como público no E3 2021
Aínda que sexa na forma de evento dixital, a Entertainment Software Association (ESA) non quere prescindir de público no E3 deste ano. Despois dun 2020 sen evento, a pandemia mundial continua limitando os encontros e os aforos, mais iso non será un impedimento para gozarmos das presentacións que este ano se están a preparar.
O público xeral do E3 poderá rexistrarse o 3 de xuño —os creadores de contido poderán facelo a partir do 31 de maio— a través da web oficial e onseguir as claves para entrar na aplicación do E3 e o portal virtual. Que permite isto? Acceder a eventos programados, creación de perfís e avatares, foros en liña e stands dixitais. E si, claro, ver as conferencias das compañías como sempre se fixeron.
A feira máis importante da industria do videoxogo celebrarase entre o 12 e o 15 de xuño e contará coa presencia de compañías como Nintendo, Take-Two, Capcom, Square Enix, Ubisoft o Microsoft.
MEDIA REGISTRATION IS NOW LIVE!
Qualified members of the press can now visit https://t.co/QOa74rVCXB and apply for those tasty media credentials 🤤
But there’s more to come!
•Monday May 31 – Industry Professionals & Creators/Influencers
•Thursday June 3 – Fan registration
— E3 (@E3) May 24, 2021




