Actualidade O primeiro xogador Master de Legends of Runeterra mostra as súas cartas (literalmente)

O primeiro xogador Master de Legends of Runeterra mostra as súas cartas (literalmente)

Legends of Runeterra estreou a súa fase aberta hai uns días, por iso a escalada cara aos rangos máis altos foi, e é, unha auténtica guerra sen prisioneiros para os máis competitivos. Porén, Europa xa ten o seu primeiro xogador Master —o máximo rango clasificatorio dentro do título de cartas—

Chámase Mikuláš ” Pokrovac” Dio e malia que agora está na segunda posición, superado por JonesAF, garda no peto o fito de ser o debutante no posto máis alto da táboa. Segundo indica a web de clasificacións Mobalytics, RubinZoo é o actual Master de América e Vacant en Asia. Por suposto, estes datos varían en cuestión de minutos, polo que é difícil redactar unha información duradeira.

Sen torneo oficial aínda, nin liga dentro dos deportes electrónicos, moitos xogadores están a encomiar as posibilidades que ofrece LoR, polo que se configura como un rival máis que digno de Hearthstone e de MGT Area, actuais pesos pesados dentro do xénero. Se estás interesado en probalo, lembra que pode facelo en PC de forma gratuíta. Cando salga a versión 1.0, tamén estará en iOS e Android.

Se xa es un iniciado e queres ver os mazos de cartas que Dio usou para lograr a súa fazaña, aquí telos:

Darius & Elise (Aggro)

Zed & Braum

Braum & Tryndamere

Elise + Demacia

Draven, Darius & Jinx

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.