Elden Ring vaise a febreiro de 2022 e anuncia unha proba de rede pechada

Teremos de agardar un poco máis… Elden Ring, o novo título de Hidetaka Miyazaki, retrasou un mes a data do seu lanzamento. A editora, Bandai Namco, fixo oficial o anuncio a través das súas redes sociais, ao mismo tempo que anunciaba unha proba de rede pechada da próxima obra de From Software.
Poderá ser probada en consolas PlayStation e Xbox; e haberá que facer o rexistro antes do vindeiro 1 de novembro. Segundo as datas ofrecidas, logo poderemos entrar na proba entre o 12 e o 14 de novembro.
Estes son os horarios da proba de rede, en Horario Central Europeo:
- Sesión 1: 12 de novembro (venres), de 12:00 a 15:00 horas
- Sesión 2: 13 de novembro (sábado), de 4:00 a 7:00 horas
- Sesión 3: 13 de novembro (sábado), de 20:00 a 23:00 horas
- Sesión 4: 14 de novembro (domingo), de 12:00 a 15:00 horas
- Sesión 5: 15 de novembro (luns), de 4:00 a 7:00 horas
En fin. Que Elden Ring, se todo vai ben, sairá o 25 de febreiro de 2022 para PC, PS4, PS5, Xbox One e Xbox Series X|S.